martes, 14 de abril de 2020

Visita o Museo Arqueolóxico Nacional



Este museo conta cunha visita virtual impresionante, e durante estes días coméntannos que multiplicaron as súas visitas enormemente, a súa web
manvirtual.es, é a que multiplica por dez o número de usuarios. Conta con 404 panorámicas 360º que cobren todo o museo. Hai máis de 15.000 para ver un total de máis de 13.000 obras e obxectos arqueolóxicos, todo clasificado por épocas e cunha opción para realizar unha aula máis enfocada a escolas, en manaulavirtual.es. A ferramenta MAN Aula Virtual permite aos profesores deseñar percorridos personalizados por varias plantas e 40 salas de exposición permanente. Conta con itinerarios prediseñados por persoal cualificado do museo, pero se o voso profesor deuvos un código, podedes incluílo na páxina principal para gozar del. Non deixedes que esta situación de confinamento deixe de saciar a vosa sede de coñecemento.


Grazas a Wwwhatsnew

Ningún comentario :