venres, 8 de abril de 2022

Día das rapazas na rede


O Centro de Supercomputación de Galicia organiza unha charla-coloquio no CESGA sobre as oportunidades para as rapazas no eido das novas tecnoloxías, coa participación en directo de 4 mulleres emprendedoras que traballan neste eido, con motivo da celebración do Día Internacional das Rapazas nas TIC, auspiciado pola ITU (International Telecommunication Union).

O evento está relacionado coa iniciativa "Rapazas Emprendedoras nas TIC" do Plan Proxecta e o proxecto europeo ICT-Go-Girls! e colaborando coa Secretaría Xeral de Igualdade.

Este evento está dirixido especialmente a todos os centros escolares de Galicia, principalmente último ciclo de primaria e educación secundaria, que poden participar na retransmisión da videoconferencia en vivo ao evento, facer preguntas e intervencións dirixidas ás participantes no CESGA.

Ningún comentario :