viernes, 22 de abril de 2022

Exposición Historia do Libro


Como sabedes dispoñemos dunha exposición fantástica sobre a Historia do Libro que este ano está de novo no centro e vos invitamos a visitala e aprender da nosa historia.
O ser humano desde o seu inicio, foi un ser social, comunicamos as nosas alegrías, inquedanzas...en moitos casos non podemos estar calados, gústanos contar e esa habilidade a plasmamos na arte desde tempos inmemoriales ata a actualidade, desde as pinturas rupestres ata o libro electrónico, non deixamos de plasmar historias, e por iso esta exposición.
Podedes ver as fotos, podedes ver o vídeo e podedes entrar no site dos materiais das outras veces que a exhibimos, xa desde o 2009 non só no noso centro senón que andivo rulando por moitos centros que nola pediron.
Disfrutade dela e, cómo non, Feliz Día do Libro
 

No hay comentarios :