xoves, 30 de marzo de 2023

Encontros PLAMBE 2022/2023, alí estaremos

 


Dentro das propostas organizadas desde a Consellería de Educación e Bibliotecas Escolares de Galicia cabe destacar a formación que recibimos non só por medio de cursos de formación senón tamén polas xornadas e encontros nos que nos vemos cara a cara con compañeiros bibliotequeiros doutros centros galegos, unha oportunidade tamén de coñecer dinámicas en relación coa lectura e bibliotecas noutras comunidades e países.
Nesta ocasión estaremos alí con un relatorio Falando de...Koha-Bescolares. Agradecemos á Asesoría a confianza e a oportunidade de seguir aprendendo.

Ningún comentario :