xoves, 23 de marzo de 2023

No mes da muller: Exposición Elvira López Mourín, unha enfermeira de altura

Esta semana disfrutamos da exposición comisiarada pola Academia de Enfermaría de Galicia sobre Elvira López Mourín, unha heroína descoñecida cuxa figura sae á luz cen anos despois. Grazas á investigación coordinada polo presidente da Academia Isidoro Rodríguez.

A protagonista é de Lugo, muller e unha das cinco primeiras enfermeiras profesionais de España. Aínda por riba, en 1922 foi a primeira enfermeira en participar nun voo sanitario militar. Sobrevoou o campo de batalla na guerra do Rif para atender nunha noite a máis de 300 soldados feridos. A súa carreira non acabou aí senón que a levou ata enfrontarse a un consello de guerra polo seu labor no hospital. Todo isto sen perder o seu vínculo coa súa aldea natal.

A historia de Elvira empeza en Láncara. Naceu en 1893 na aldea de San Martiño de Río, filla de nai solteira. Os investigadores perden a súa pista ata os seus 25 anos. Entón, vivía en Madrid xunto a outra enfermeira e o seu afillado. Naquel 1921, conseguiu ingresar na primeira promoción da Escola da Cruz Vermella Española para enfermeiras. Os requisitos para ingresar eran saber ler, escribir e ter coñecemento básicos de matemáticas.

O feito de nacer na parroquia lucense garda unha gran importancia, xa que os investigadores cren que Elvira López aprendeu a ler e escribir concienzudamente para entrar na escola de enfermería. A principios de século, as mulleres non acudían ás escolas e menos nunha pequena aldea do rural. Elvira foi pioneira xunto a outras catro futuras enfermeiras. Ata 1915 as mulleres tiñan prohibido estudar na universidade. Ademais, a profesión de enfermería non existía como tal. As primeiras en solicitar esta formación foron as congregacións relixiosas femininas, pero tan só para as propias monxas. Posteriormente, en 1917, creouse a primeira escola en Barcelona, tamén de Cruz Vermella, pero formaba «damas enfermeiras» que non tiñan titulación. A promoción de Elvira foi a primeira de enfermeiras profesionais.

Seguir lendo en La Voz de Galicia.

Ningún comentario :