luns, 8 de xuño de 2020

Falamos de valores: El profesor Lazhar

Todos sabedes que a biblioteca conta cun fondo moi interesante que podedes previsualizar no blog De cine no Esquío e no google site que fixemos como acceso directo.
Para facer a escolla  nesta temporada imos lembrar aqueles títulos que deberíades coñecer pois siguen estando de actualidade, ás veces o agradecemos pero noutras trátase dun tema controvertido do que temos moito que analizar, meditar e aprender, sempre aprender.


Neste caso falamos da relación dos docentes e o alumnado: as aulas. El profesor Lazhar preséntase como voluntario a mestre, tras ler a noticia nun diario da repentina morte dun titor de primaria. Finalmente este alxerino de mediana idade, que atravesa unha crise persoal, é contratado polo colexio para ese posto. Alí comprobará que existe unha gran brecha cultural entre o seu alumnado e el, no preciso momento en que lles entrega un exercicio sobre Honoré de Balzac, que poñen de manifesto as diferenzas pedagóxicas entre a súa experiencia persoal e a escola.

Ningún comentario :