mércores, 3 de xuño de 2020

Falamos de valores: Siempre Alice

Todos sabedes que a biblioteca conta cun fondo moi interesante que podedes previsualizar no blog De cine no Esquío e no google site que fixemos como acceso directo.
Para facer a escolla  nesta temporada imos lembrar aqueles títulos que deberíades coñecer pois siguen estando de actualidade, ás veces o agradecemos pero noutras trátase dun tema controvertido do que temos moito que analizar, meditar e aprender, sempre aprender.

Neste caso falamos dunha enfermidade que destrúe ás persoas, deixan de ser elas: Alzeimer.


En Siempre Alice, Alice Howland está orgullosa da vida que tanto esforzo custoulle construír: profesora de psicoloxía cognitiva en Harvard e experta lingüista de fama mundial, empeza a sentirse desorientada, un tráxico diagnóstico cambia a súa vida, á vez que a súa relación coa súa familia e co mundo, para sempre. 



Ningún comentario :