venres, 5 de xuño de 2020

Falamos de valores: Her

Todos sabedes que a biblioteca conta cun fondo moi interesante que podedes previsualizar no blog De cine no Esquío e no google site que fixemos como acceso directo.
Para facer a escolla  nesta temporada imos lembrar aqueles títulos que deberíades coñecer pois siguen estando de actualidade, ás veces o agradecemos pero noutras trátase dun tema controvertido do que temos moito que analizar, meditar e aprender, sempre aprender.

Nesta ocasión falamos de novas tecnoloxías, son tan imprescindibles na nosa vida que ás veces confundimos o mundo virtual có real. En Her Theodore enamórase dun programa informático, e todos coñecedes os casos dos rapaces que viven afastados do mundo na súa habitación e que non saen para comer nin para asearse...




Ningún comentario :