Cada 10 de abril
celébrase o Día Mundial da Ciencia e a Tecnoloxía para destacar a importancia
que o desenvolvemento da ciencia, o coñecemento científico e o labor investigador
teñen na nosa sociedade. Esta efeméride tamén trata de sinalar o reto que ten a
ciencia de ser capaz de comunicar os seus avances de maneira clara, próxima e
creativa. Tamén pode servir para visibilizar o traballo de quen observa, miden,
analizan e experimentan coa realidade.
En que medida
crees que a ciencia e a tecnoloxía son importantes na túa vida? Se nos detemos
a pensar nas actividades que realizamos nun día calquera vemos que gran parte
das nosas accións están mediadas por algún tipo de tecnoloxía, á que accedemos
a través de dispositivos, aparellos electrónicos, medios de transporte e unha
serie de procesos automatizados que facilitan a nosa vida diaria.
Pódese dicir que a nosa inmersión coas tecnoloxías que facilitan a nosa vida cotiá é evidente. Simples xestos como acender o móbil, revisar mensaxes, consultar o estado do tempo, escoitar música, realizar unha compra desde un pequeno dispositivo que a maioría levamos no peto, representan accións rutineiras, pero que eran apenas imaxinables hai uns anos atrás. A ciencia, a tecnoloxía e a innovación contribuíron ao desenvolvemento da humanidade e continúan cambiando as nosas vidas... seguir lendo en FAD Juventud-Planeta Joven.
Invitamosvos a visitar a nosa sección de divulgación científica e á entrar na visita virtual do MUNCYT de A Coruña.
Ningún comentario :
Publicar un comentario