xoves, 20 de abril de 2023

No Día Mundial do Libro 2023

No Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor a Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades edita o cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2023.

Como en anos anteriores,  a Profesora da Área de Didáctica da Lingua e da Literatura na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, Montse Pena Presas  creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, "que é unha celebración da mediación, de ser profe, bibliotecaria, mestra.", a súa investigación está moi centrada na literatura infantil e xuvenil contemporánea, cun foco específico na literatura galega, na educación literaria e nos estudos de xénero.
 
Este agasallo ás bibliotecas escolares de Galicia, complétase cunha versión longa, baixo o lema Dar de ler, que afonda no papel dos mediadores no mundo do libro.
 
Neste mes, e todo o ano, non esquezamos que "Para nosoutras, silandeiras e navegantas, todos os días son o día do libro."
 

Ningún comentario :