Como lembramos na V Olimpiada Cultural, o 8 de abril de 2023 cúmprese o cincuenta aniversario do falecemento do artista español Pablo Picasso, evento que marcará a celebración da súa obra e a súa herdanza artística en Francia, España e internacionalmente.
Con este motivo,
os gobernos de Francia e de España acordaron traballar conxuntamente nun
programa de alcance internacional a través dunha comisión binacional que reúne
ás administracións culturais e diplomáticas dos dous países. A Celebración de
Picasso 1973-2023 xira ao redor dunhas cincuenta exposicións e eventos que se
celebrarán en institucións culturais de renome de Europa e América do Norte e
que, en conxunto, abordan unha análise historiográfico da obra de Picasso. A
conmemoración, acompañada de celebracións oficiais en Francia e España,
permitirá facer un balance das investigacións e interpretacións da obra do artista,
especialmente durante un importante coloquio internacional que terá lugar no
outono de 2023 e que coincidirá tamén coa apertura do Centro de Estudos Picasso
de París.
O Musée National
Picasso-París e a Comisión Nacional Española para a conmemoración do 50º
aniversario da morte de Pablo Picasso comprácense en apoiar este programa
excepcional.
Seguir lendo na web oficial do Museo Picasso de Málaga.
Ningún comentario :
Publicar un comentario